902 540 846
Nos focos realizados en novembro do 2007 o obxectivo era coñecer as propostas de compromisos que os consumidores lle solicitan a EROSKI. Logo dun período de estudo, EROSKI formulou as liñas de acción a seguir e puxo en marcha stands de resposta nos hipermercados o pasado 25 de xaneiro, para que os consumidores valorasen tanto as propostas dos consumidores participantes nos Focos, como as respostas de EROSKI a elas, podendo así coñecer os resultados obtidos nos Focos presenciais e ampliando o proceso de participación a moitos máis clientes.
Para iso realizáronse cupóns nos cales, coa axuda dunha informadora, os consumidores valoraban de 1 a 10 o seu grao de satisfacción por un lado, co que os participantes nos Focos propuxeran e por outro, co que EROSKI respondía e pretendía poñer en marcha.
Para rematar, e nunha terceira fase, difundiremos as conclusións ás que cheguemos. O noso obxectivo é que máis de un millón de consumidores poidan acceder a esta información e participen dalgún xeito deste proceso.