Ir al contenido

CONSUMER EROSKI Fundación Eroski Contigo

A túa opinión impórtanos.

Imprimir / Enviar a un amigo

902 540 846

Eroski contigo polo Medio Natural

Os consumidores pídennos máis accións polo medio natural

Antes do verán celebramos o 5º Foco de Consumidores en 17 cidades. Daquela, os participantes solicitáronnos máis accións a prol do medio natural. Entre elas, unha bolsa reutilizable, que agora lanzamos como experiencia piloto.

Os Focos de Consumidores son reunións que mantemos con consumidores para coñecermos a súa opinión sobre distintos aspectos que lles afectan e para intentarmos responder ás súas demandas.

Grazas a esta iniciativa, en EROSKI podemos mellorar a calidade de vida dos nosos clientes incorporando as súas suxestións aos nosos produtos e servizos.

No último encontro, que tivo lugar en 17 cidades españolas antes do verán, quixemos coñecer que fan les e que quererían que EROSKI fixese a prol da conservación do medio. A bolsa reutilizable que lanzamos agora como experiencia piloto foi unha das súas peticións.

As cidades nas que se desenvolveron estes 5º Focos de Consumidores foron: A Coruña, Alcalá, Antequera, Bilbao, Elxe, Xerez, Logroño, Madrid, Murcia, Oviedo, Pamplona, Santander, San Sebastián, Sant Cugat, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. En total, participaron máis de 500 persoas.

Produtos sostibles

Dos asistentes aos Focos, 3 de cada 10 decláranse consumidores habituais de alimentos e produtos de papelería ambientalmente sostibles. Agora ben, só 1 de cada 10 merca este tipo de produtos en téxtil.

As súas razóns para non os consumiren? En 4 de cada 10 casos o prezo, en 3 o descoñecemento e en 1 de cada 10 a ausencia deste tipo de produtos na súa tenda habitual. Así e todo, mercarían estes produtos motivados por cuestións de saúde ou de respecto ao medio.

Neste sentido, case 4 de cada 10 expresou o seu desexo de que EROSKI incorporase nas tendas produtos de alimentación ambientalmente sostibles, mentres que case 2 de cada 10 casos pedía produtos de papelería, téxtil ou electrónica.

Das iniciativas que xa puxemos en marcha, os consumidores consideraron que as máis importantes son a utilización de combustible biodiésel no transporte, o uso de bolsas ecolóxicas e reutilizables e mais as campañas de información e sensibilización.

Consumidores comprometidos

Os consumidores tamén colaboran acotío (ou se comprometen a facelo) na mellora do medio. Así o expresaron, con frases como: "Utilizarei o transporte público sempre que poida", "mercarei lámpadas de baixo consumo", "duchareime no canto de me bañar" ou "separarei o lixo por materiais".

Que son os Focos de Consumidores?

Son sesións participativas nas que durante dúas horas e, por medio de diversas exposicións e dinámicas, os consumidores debaten, posiciónanse e definen directrices sobre temas que lles interesan.

O obxectivo dos Focos é incorporar a sensibilidade dos consumidores naquelas decisións que os afectan. É a maneira de integralos nunha participación activa, permanente e estruturada. Deste xeito, dinnos como queren que xestionemos temas relacionados coas tendas e que os afectan, e sobre os que EROSKI pode ter algunha actuación.

Os Focos están abertos a clientes, socios consumidores e socios de Fundación EROSKI, que nos transmiten a súa opinión sobre as cuestións analizadas. Coñecemos as súas opinións, queixas e suxestións e comprometémonos a darlles unha resposta.

Un exemplo, a nova etiquetaxe nutricional dos produtos de marca EROSKI e a experiencia piloto con bolsas reutilizables son as últimas dúas iniciativas postas en marcha a raíz das directrices marcadas nos Focos polos consumidores.

Os participantes suxeríronnos diversas accións relacionadas con diferentes temas:

Transporte Grandes cargas para realizar menos traxectos, campañas de información sobre biodiésel.
Aforro de enerxía Controlar o uso de luz, auga, aire acondicionado, etc., realizar construcións bioclimáticas.
Biodiversidade Non vender peixe pequeno nin especies protexidas, información sobre coidados a favor do medio, axuda á reforestación ou apoio á agricultura ecolóxica.
Reciclaxe Reducir a cantidade de envases, eliminar o uso de bolsas de plástico, aumentar o número de puntos de reciclaxe e incluír a reciclaxe de aceite e doutros materiais, reducir a publicidade ou utilizar papel reciclado.
Outros Fomentar o uso de bolsas de plástico ecolóxicas reutilizables, emprender campañas informativas sobre os temas tratados nos Focos de Consumidores e traballar con provedores comprometidos.

...E EROSKI responde

Logo dun período no que analizamos os resultados obtidos nestes 5º Focos de Consumidores, que neste caso trataron sobre o medio natural, chega o momento de darmos a coñecer as accións de mellora e os compromisos que programamos.

Nalgunhas das medidas suxeridas polos nosos consumidores durante o 5º Foco sobre medio natural estamos xa a traballar para implantármolas a curto ou medio prazo. En xeral, as accións que nos solicitan axuntámolas en catro grandes apartados relacionados co medio natural e coa sostibilidade: transportes; sensibilización e cooperación; tendas; e produtos e envases.

Amais de lle comunicarmos a nosa resposta e de lle pedirmos a súa valoración a cada un dos asistentes de maneira individualizada, nestas liñas queremos abrir á túa participación a valoración da resposta de EROSKI. Na páxina seguinte incorporamos un cupón onde podes coñecer e valorar cada unha das peticións dos consumidores e o que en EROSKI podemos facer.

Menú con otros recursos de esta página


Validaciones de esta página