Ir al contenido

CONSUMER EROSKI Fundación Eroski Contigo

A túa opinión impórtanos.

Imprimir / Enviar a un amigo

902 540 846

A Etiquetaxe nutricional

Conclusións

Cantidade diaria orientativa

O consumidor opina...
Constitúe a información máis importante.

EROSKI responde...
A porcentaxe que indicamos na nova etiqueta permítelles aos consumidores dispor dunha referencia á hora de valorar a cantidade de alimento e nutrientes que consume. Ofrecemos a porcentaxe que supón a cantidade de cada nutriente presente nunha porción de alimento respecto da cantidade máxima que unha persoa necesita inxerir ao día.

Composición por nutrientes

O consumidor opina...
É a segunda información máis importante da etiqueta. Sería especialmente interesante que aparecese a cantidade de graxa e enerxía que achega o alimento.

EROSKI responde...
Ampliamos a información achegada nas etiquetas, ao ser considerada limitada. Amais da cantidade de graxa e enerxía que achega cada alimento (principal demanda dos consumidores), tamén indicamos a cantidade doutros nutrientes directamente relacionados coa saúde como o azucre, o sal e a fibra.

Cantidade por porción

O consumidor opina...
Supón unha información importante e valórase positivamente que apareza na etiqueta tanto a cantidade de nutrientes por gramos como por porción.

EROSKI responde...
A diferenza de como ata agora, en que os produtos só nos informaban das cantidades de nutrientes por cada 100 gramos, tamén incorporamos, por considerármolo máis representativo e útil para o consumidor, a cantidade de nutriente presente nunha porción habitual de consumo. Para un maior entendemento e facilidade de lectura, esta porción exprésase mediante medidas domésticas (unha cunca, 2 culleradas, 4 galletas...) seguido da cantidade en gramos.

Sistema de cores

O consumidor opina...
Foi o aspecto que máis gustou das novas etiquetas presentadas, pola facilidade coa que permite detectar os niveis de nutrientes a simple vista.

EROSKI responde...
Amais de introducirmos o sistema de cores, reforzámolo con explicacións. Grazas a este semáforo, os consumidores poden identificar cun simple control visual se unha porción de produto nos achega un contido baixo (verde), medio (amarelo) ou alto (laranxa) de cada nutriente.

Presentación

O consumidor opina...
A maioría das opinións recollidas no tocante ao deseño e a presentación das novas etiquetas foron positivas, destacando as valoracións referidas á sinxeleza e doada utilización.

EROSKI responde...
Demos un maior contraste entre as cores do semáforo nutricional inicialmente propostas, para podermos deste xeito diferencialas mellor.

Situación

O consumidor opina...
Existiu unha práctica unanimidade na valoración positiva sobre a proposta de situar a etiqueta na parte dianteira do produto por facilitar a súa visión e comprensión.

EROSKI responde...
Ao ser a parte dianteira do produto o lugar que querían os consumidores da etiqueta, así o levamos a cabo.

Otras

Todos os comentarios que recibimos sobre a etiqueta en relación a diferentes aspectos foron especialmente positivos.

Menú con otros recursos de esta página


Validaciones de esta página