902 540 846
Do 18 ao 29 de xuño de 2007 realizáronse 15 focos en 15 cidades, cun total de 428 consumidores participantes. Os participantes foron maioritariamente mulleres e a idade media foi de 48 anos.
Nesta edición dos Focos, tratábase de que os consumidores valorasen a etiqueta nutricional legalmente establecida, xunto coa proposta de semáforo nutricional de EROSKI. Os consumidores puideron opinar sobre as propostas que consideraban positivas para mellorar a información nutricional que ofrecemos sobre os produtos: máis información na etiquetaxe, información complementaria no lineal do produto, servizo de información personalizada, etc.
A alimentación saudable é un dos piares que propicia a calidade de vida. E un dos aspectos fundamentais para acadar esa alimentación saudable é ter unha adecuada, completa e clara información sobre os alimentos que consumimos a cotío.
Cando imos mercar un produto, a principal fonte de información coa que contamos é a súa etiqueta. Dentro das moitas partes que conforman unha etiqueta, unha moi importante é a información nutricional. Debe ser comprensible, fiel á composición real do alimento e debe axudar a tomar unha decisión rápida e acertada na elección de alimentos que contribúan a unha dieta saudable.
Ao comprobar que estudos recentes suxerían que as etiquetas non lle ofrecen ao consumidor información abonda, EROSKI quixo presentar unha nova proposta para os seus produtos que facilitase unha información nutricional complementaria, útil para obter unha dieta saudable e equilibrada.