Como funcionan os Focos en Internet
Os Focos de Consumidores en Internet son unha iniciativa de Fundación Eroski que lle propón un sistema de participación aos lectores de CONSUMER EROSKI. En realidade, estes Focos en Internet son a translación á Rede do proceso de participación presencial que dende hai anos integra e involucra aos consumidores no devir cotián de Eroski. Os Focos presenciais son unha ferramenta para que calquera consumidor ou cliente poida achegar os seus puntos de vista e compartir con outros consumidores ideas de mellora ou de cambio de Eroski en ámbitos que lle afectan directamente: alimentación, saúde e benestar, medio natural, experiencia de compra.
Este primeiro Foco de Consumidores en Internet propón un tema de participación: qué mellorarías en CONSUMER EROSKI, a publicación líder en información sobre consumo e vida cotiá.
Ou, dito doutro xeito:
Tes unha idea de mellora para CONSUMER EROSKI?
CONSUMER EROSKI é a revista líder de información ao consumidor que dende hai máis de tres décadas, primeiro só en edición impresa e dende 1998 tamén en Internet, ofrece informacións prácticas e útiles aos cidadáns. Da calidade e interese das súas informacións, boa parte delas investigacións exclusivas, dan fe as 700.000 persoas que len cada mes a revista impresa CONSUMER EROSKI e os 2.750.000 usuarios únicos que cada mes (media mensual de 2007, dato oficial OJD) que visitan as páxinas de www.consumer.es
Esta publicación edítaa Fundación Eroski e é o resultado do traballo dun nutrido grupo de xornalistas, científicos e especialistas de diversas áreas (saúde e benestar, nutrición e seguridade alimentaria, medio natural e consumo, economía e produtos financeiros, novas tecnoloxías, educación, solidariedade, motor), xuristas, deseñadores gráficos e programadores de Internet, que teñen a vocación de crear e publicar informacións que axuden á xente a atinar nas decisións da súa vida cotiá. Pero estamos comprometidos coa mellora permanente e para satisfacer as túas expectativas non nos abondamos sós: precisamos das túas opinións, das túas críticas e das túas suxestións.
Como podes participar e a que se compromete Fundación Eroski?
(Pedímosche que identifiques as túas mensaxes cun nome, o que sexa pero sempre o mesmo, para que todos saibamos quen opina e evitemos confusións).
Podes participar de catro formas distintas:
- Propondo unha idea de mellora para CONSUMER EROSKI: podes propor unha idea, a que sexa, pedir unha mellora ou criticar algo que ves mal na nosa revista en Internet, para que se emende. A túa mensaxe publícase automaticamente na páxina web deseñada para tal efecto) para que outros internautas a valoren. Fundación Eroski revisará todas as ideas e comentarios que se vaian publicar, e eliminará as mensaxes que resulten ofensivas ou non cumpran cos mínimos requisitos de educación e respecto. Para axilizar o sistema e evitar "ladrillos", pedímosche que as túas mensaxes non superen as 500 palabras (se tes dúbidas, usa o contador do word, menú "ferramentas"), e que o título da mensaxe non conteña máis de 20 palabras.
- Apoiando co teu voto as ideas coas que esteas máis de acordo: é o modo de participación máis sinxela. Tras ler as ideas doutros lectores, podes apoiar co teu voto as que máis che gusten, facendo clik na icona correspondente. Disporás de dez votos cada día para que lles deas o uso que queiras.
- Comentando unha idea proposta por outro lector: non só podes apoiar unha idea de mellora co teu voto, tamén podes escribir comentarios para matizala, enriquecela, criticala ou enxalzala. Así, a idea ou proposta lanzada por un lector pode ser completada e mellorada pola comunidade.
- Comprobando a mellora introducida por CONSUMER EROSKI atendendo a unha proposta concreta túa ou doutro lector: cando unha proposta alcanza un número significativo de apoios, Fundación Eroski xustifica a recepción da petición e, sempre de xeito argumentado, explica que vai facer ao respecto. Así, ponse en marcha un mecanismo de devolución que lle dá sentido a todo o sistema.
Hai cousas que nos identifican dende hai máis de 30 anos e que, polo de agora, non van cambiar
Os sinais de identidade que definiron durante máis tres décadas a CONSUMER EROSKI representan o máis profundo da nosa natureza como medio de comunicación editado por unha fundación vinculada a unha asociación de consumidores, e é por iso que non entran neste proceso de reflexión. Podes facer comentarios ou preguntas sobre elas, serán publicadas, pero suxerímosche que propoñas outras cuestións de cambio ou mellora. Por se as queres coñecer, son estas:
- CONSUMER EROSKI analiza a vida cotiá, sempre dende a óptica dos dereitos do consumidor.
- CONSUMER EROSKI informa o consumidor para que poida decidir en cada ocasión o máis conveniente para os seus intereses. Así mesmo, pretende que os axentes económicos e sociais incorporen ás súas actuacións o punto de vista do consumidor.
- CONSUMER EROSKI defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, e informa destes para que os cidadáns poidan esixir o seu cumprimento.
- CONSUMER EROSKI é un medio de comunicación comprometido co consumo sostible e sensibilizado coa redución do impacto ambiental.
- CONSUMER EROSKI non publica ningunha información relacionada coa actividade empresarial de Eroski.
Que ideas e que comentarios non se publicarán?
Como en calquera foro de Internet, hai unhas normas que debes respectar:
- LAs ideas e comentarios deberanse axustar ao tema proposto (a mellora da revista de información ao consumidor CONSUMER EROSKI), ser comprensibles, lexibles, respectuosos e non repetitivos. Non poderán incluír ameazas nin ataques persoais a outros participantes no Foco, nin albergar spam, publicidade comercial ou material protexido por dereitos de autor.
- Non se aceptarán comentarios con contidos ou enlaces que se poidan considerar difamatorios, vexatorios, insultantes, inxuriantes ou contrarios ás leis españolas, incluíndo os que constitúan apoloxía do terrorismo ou da violencia en xeral, ou aqueles que poidan supor calquera violación dos dereitos dos menores e da infancia.
- Non se admitirán comentarios con contido racista, sexista, homofóbico ou que, en xeral, poidan interpretarse como un ataque discriminatorio cara a calquera colectivo ou minoría baseándose en aspectos como a nacionalidade, o sexo, a relixión, a idade ou calquera tipo de minusvalía física ou mental.
- Os comentarios con contido obsceno ou pornográfico serán eliminados.
- Fundación Eroski resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas condicións. Tamén poderán eliminarse os enviados por robots ou outros programas informáticos que desnaturalizan debates, enquisas e foros na Rede.
- Os comentarios realizados polos lectores non reflicten a opinión de Fundación Eroski, senón a dos participantes, e son eles os únicos responsables das opinións achegadas.